OS SENTIDOS DO CORPO HUMANO
A VISTA:
-Os órganos relacionados co sentido da vista son os ollos. Cada un está formado por un globo ocular e unhas estruturas anexas que o rodean.
.GLOBO OCULAR: Os globos oculares alóxanse no interior das órbitas do cranio. Son aproximadamente esféricos e miden uns 2´5 cm de diámetro. As súas paredes están formadas por tres membranas:
-Esclerótica: é a máis externa. Trátase dunha capa branquecina e dura que dá forma ao ollo. Acostuma denominarse o branco dos ollos. A súa parte dianteira, chamada córnea, é transparente e abombada cara a fóra.
-Coroide: é a capa media. Posúe moitos vasos sanguíneos que nutren as células do ollo. A súa parte anterior chámase iris, e pode ser dunha certa variedade de cores, que dependen da cantidade que posúa dun determinado pigmento. O iris deixa no centro unha abertura circular, a pupila, que se dilata ou se contrae de xeito involuntario, segundo a cantidade de luz que chegue ao ollo. Entre a coroide e o iris está o corpo ciliar, do que saen uns músculos que se unen ao cristlino, unha lente que enfoca as imaxes na retina.
-Retina: é a capa máis interna. Está formada por neuronas, xa que se trata de tecido nervioso. Relaciónase co cerebro a través do nervio óptico, que sae da parte posterior do globo ocular.
As células especializadas en captar as imaxes (estímulos luminosos) e tranformalas en impulsos nerviosos son os fotorreceptores. Existen dou tipos:
-Conos: distinguen as cores da luz, pero requieren unha certa intensidade de iluminación para funcionar. Existen tres tipos, e cada un deles percibe unha das tres cores primarias: azul, verde e vermello.
-Bastóns: son os máis abundantes e os responsables de percibir as distintas intensidades de luz (distinguen entre luces e sombras). Funcionan mesmo en baixas condicións de iluminación, pero non distinguen as cores.
-Punto cego: é o lugar onde os axóns forman o nervio óptico. Esa rexión carece de fotorreceptores , polo que non pode ser estimulada.
-Fóvea ou mancha amarela: é unha pequena depresión na que avisibilidade é máxima. Está formada unicsamente por conos.
O OLFATO:
-O órgano relacionado co olfacto é o nariz. Mediante este sentido pódense detectar numerosas substancias químicas que se atopan no aire.
Para que un obxecto teña olor, por exemplo unha comida, un perfume, unhas flores, te que desprender moléculas ao aire. As paredes das fosas nasais están recubertas por un tecido epitelial moi fino chamado pituitaria. A maior parte da pituitaria é de cor vermella, debido a que posúe numerosos capilares sanguíneos. A súa función é quentar, humedecer e filtrar o aire que entra polo nariz.
A parte superior da pituitaria é de cor amarela e é a zona sensible ás moléculas que ulimos, neurona provistar de pequenos cilios na súa parte superior, que captan o estímulo. Polo seu outro extremo, as neuronas reúnense e forman varios nervios olfactorios que desembocan no bulbo olfactorio, unha pequena estrutura do cerebro que comunica coa área olfactoria da cortiza.
O GUSTO:
-O órgano relacionado co gusto é a lingua, aínda que tamén interveñen outras partes da boca. Ademais, na sensación do sabor intervén o sentido do olfacto, xa que os alimentos tamén desprenden moléculas gasosas, que son captadas polos receptores olfactivos.
Papilas: as papilas son pequenas protuberancias distribuídas pola superficie superior da lingua, á que onfiren un aspecto rugoso. Tamén existen no padal, na farinxe e nas amígdalas. En total posuímos unhas 9000 papilas, das cales se distinguen varios tipos, segundo o seu aspecto. As principais son as caliciformes, as fungiformes e as filiformes. Nos laterais das papilas atópanse as células sensoriais, alongadas e provistas de cilios, os cales son estimulados polas substancias químicas disoltas. As células sensoriais forman grupos, chamados botóns gustativos, que están en contacto con fibras nerviosas. As fibras recollen e transmiten as sensacións ao nervio gustativo. Este nerivo leva a información ao centro gustativo do cerebro. As papilas tamén posúenn teminacións nerviosas sensibles ás variacións de temperatura, á dor e ao contacto, o que fai da lingua un órgano dotado u¡dunha gran sensibilidade. Existen catro sabores básicos, que percibimos mellor nunhas zonas concretas da lingua que noutras: doce, salgado, acedo e amargo. Aínda que, grazas á intervención do olfacto, en realidade percibimos máis sabores que estes catro.
Ao inxerir e mastiar o alimento, o seu olor entra nas fosas nasais. A combinación das sensacións gustativas e olfactivas configura a percepción final do sabor na cortiza cerebral.
O OÍDO:
O órgano do oído intervén en dous procesos: a audición e o mantemento do equilibrio.
Pódese considerar dividido en tres partes:
-Oído externo:
Está formado polo pavillón auditivo, que chamamos orella, está dotado dun tecido cartilaxinoso, que dá a forma estendida para recoller as ondas sonoras. A súa parte inferior, o lóbulo, carece de cartilaxe.
E tamén esta formado polo conduto auditivo externo: Mide un 2´5 cm de longo e conduce as ondas sonoras ao tímpano. No seu interior posúe pelos e glándulas produtoras de cera, que protexen o resto do oído da entrada de partículas estrañas, microorganismos ou pequenos animais.
-Oído medio:
.O timpano é unha membrana de forma parabólica que vibra ao recibir as ondas sonoras.
.A cadea de osiños constitúena tres pequenos ósos, chamados martelo, bigornia(yunque) e estribo, que transmiten a vibración do tímpano cara ao oído interno.
.A ventá oval é unha pequen membrana unida ao estribo que comunica co oído interno
Do oído medio ábres un conduto, chamado tropa de Eustaquio, que remata na farinxe. Isto permite igualar a presión a un ou outro lado do tímpano, e evita que este poida romper cando se produce un ruído moi intenso.
-Oído interno:
.Cóclea: é un tubo enrolado en espiral como a cuncha dun caracol. No seu interior está dividido ao longo en tres cámaras cheas dun líquido que conduce o son. Na cámara intermedia atópase o órgano de Corti, unha estrutura que contén as células ciliadas sensibles ás ondas sonoras. As ondas moven os cilios, e isto xera impulsos nerviosos que chegan ao nervio auditivo. Este envíaos á área auditiva do cerebro, situada na súa zona temporal.
.O vestíbulo encóntrase a continuación do caracol. Está formado por dúas cavidades en forma de saco, o utrículo e o sáculo.
.Canles semicirculares: son tres tubos curvados, dispostos nas tres direccións do espazo, que se atopan na parte final do oído interno, e cuxo interior está ocupado por un líquido.
A PEL E O TACTO:
-A pel é unha membrana que nos separa do medio externo pero, ao mesmo tempo, permítenos relacionarnos con el, xa que posúe unha gran cantidade de receptores táctiles.
-Está constituída por dúas capas de tecido: a epiderme, que é a máis externa, e a derme, a máis interna.
-Na epiderme medra o pelo, en diminutas fosas con forma de tubo, chamadas folículos piloso. Cada pelo encréspase por medio da contracción dun pequeno músculo unido ao folículo. Nas súas paredes orixínanse as glándulas sebáceas, produtoras da graxa que impermeabiliza o pelo e lubrica a superficie da pel.
-As unllas son unha modificación das células da pel e a súa función é protexer o extremo dos dedos. Están compostas dunha proteína chamada queratina, que se encontra tamén no pelo.
-Á derme chegan vasos sanguíneos encargados de nutrir a pel. Nela atópanse os receptores do tacto. Na pel tamén están situadas as glándulas sudoríparas.
PÓDENSE DISTIGUIR DOUS TIPOS DE RECEPTORES TÁCTILES:
-Terminacións nerviosas libres: Son terminacións de nervios que se ramifican na derme e na epiderme. Transmiten sensacións de tacto e dor. Algunhas únense aos folículos pilosos e son sensibles ao movemento do pelo.
-Corpúsculos táctiles: Son terminacións nerviosas, pero rodeadas por distintas envolturas (cápsulas) que lles proporcionan aspectos diferentes. Os seus nomes proceden de científicos que os estudaron:
.Cropúsculos de Krause: son sensibles ao frío.
.Cropúsculos de Pacini: responden aos cambios de presión.
.Cropúsculos de Ruffini: son sensibles ao calor.
.Cropúsculos de Meissner: son sensibles ao tacto.